Si, seguimos na casa. Temos que esperar a que os científicos e científicas atopen unha solución ao coronavirus. Pode ser unha vacina, ou ben mediciñas para curalo. Mentras tanto, debemos quedar na casa traballando, e continuando a nosa vida. Non nos imos preocupar; as persoas que están a investigar estudaron moito e non pararán ata que todo volva a ser como antes. Son un moi bo exemplo.
Traballaremos todos os días un pouco e deixaremos os fins de semana para descansar. Os tempos e momentos de traballo marcaránvolos os vosos maiores. Se non rematades un día, pois non pasa nada, deixades para o seguinte. Como vos decimos sempre, o que importa é aprender, entender, facer traballos de calidade que nos permitan avanzar no estudo para ser persoas de proveito.
Ánimo, queridos alumnos e alumnas!!! Nós estamos aquí, pendentes de vós.🙅🙅
No hay comentarios:
Publicar un comentario