4° SEMANA DE TELETRABALLO
Venres, 17 de abril
Bos días.
Correximos os exercicios 9 e 10 da páxina 121 do libro de texto. (Non fagas caso dos números que pon abaixo, é un erro😉😉)
Escribe os exercicios da ficha que aparece a continuación e resolve na libreta.
Xoves, 16 de abril
TRABALLAMOS NO LIBRO DE TEXTO
Corrixe os exercicios da páxina 121
Continúa facendo o 9 e o 10, con enunciado e despois da data.
Martes, 14 de abril
TRABALLAMOS NO LIBRO DE TEXTO
Benvidos a todos e todas, nesta cuarta semana de teletraballo.
Imos continuar no libro de texto repasando algúns contidos. Así, situámonos no exercicio 5 da páxina 121 e, despois de ler detidamente, respondemos por escrito ás tres cuestións de debaixo do texto. Ao rematar, continuamos facendo os exercicios 6, 7 e 8.
3° SEMANA DE TELETRABALLO
Venres, 3 de abril
COMPRENSIÓN LECTORA
Actividades de reforzo
1.- Xogadora, raíña, rabaño, terceiro, parasol, ribeira.
Exercicio 5 (páxina 115)
5.- O pirata abriu o cofre. Dentro non había ouro. só atopou un parche, un gorro, un remo e unha carta que dicía: "O mellor tesouro é a amizade".
Xoves, 2 de abril
TRABALLAMOS NO LIBRO DE TEXTO
Corrixe os exercicios 2, 3 e 4 da páxina 114.
Fai este exercicio, con enunciado. Non te esquezas de poñer a data.
Ao rematar continúa co exercicio 5 da páxina 115.
Mércores, 1 de abril
TRABALLAMOS NO LIBRO DE TEXTO
ORTOGRAFÍA
Abride o libro na páxina 114, lede o cadro da ortografía da letra r.
Igual que en castelán, o r sempre soa forte ao principio de palabra e se escribe un só . Lembrade!, isto é importante, xamais veredes dous rr ao principio de palabra, é unha falta de ortografía gravísima.
Tamén se escribe un r, e soa forte, despois de n,l e s; por exemplo: Israel, enredar, enrolar...
Entre vogais, se soa forte hai que escribir dous rr, e se soa suave un r. Non é o mesmo carro que caro, cambia a pronuncia do r e o significado da palabra.
- Copia o cadro da páxina 114 na libreta. Non esquezas de poñer antes a data arriba. A continuación fai de seguido os exercicios 2, 3 e 4.
Luns, 30 de marzo
Benqueridos nenos e nenas !!!
Este sábado foi a Reconquista unha festa moi importante para Vigo. Tódolos anos saímos a rúa para celebrala cos nosos amigos, pero este ano foi moi distinto tivemos que quedar todos na casiña. E para que non vos esquezades do que festexamos ese día en Vigo aquí vos queda o seguinte conto.
Contesta por escrito:
1. En que ano tivo lugar a Reconquista? Que
dous bandos se enfrontaron nela?
2. Que antepasado dos Bolechas presenciou a
invasión dos franceses? A que se dedicaba?
3. Por que golpeou a avoa Carme a dous
soldados franceses?
4. Como quixo axudar a avoa Carme aos
vigueses na loita contra o exército francés? Que fixo no seu lugar?
5. De quen se namorou a avoa Carme?
6. Que día se renderon os franceses? Que exército axudou ao pobo vigués a derrotar aos franceses?
7. Que sobrenome ou alcume lles puxeron a
avoa Carmen e ao seu mozo francés?
Por último fai un debuxo do que máis che gustou.
Venres, 27 de marzo
Aclaración.
Á vista do comentario que aparece na páxina, fixemos unha revisión do traballo e, efectivamente, non tendes esa páxina nos libros de galego xa que pertence ao terceiro trimestre. Pedimos perdón e cambiamos o tema do vocabulario polos animais na páxina 126. Entón procedemos a cambiar os exercicios a continuación.
Na páxina 126 do libro de lingua hai uns exercicios de vocabulario que teñen que ver cos animais. Fai, na libreta, ata o exercicio 4 incluído. Copia os enunciados e debuxa a ilustración do exercicio 1 cos números que aparecen para localizar as palabras.
EXPRESIÓN ESCRITA
Esta semana imos comezar facendo unha pequena composición escrita sobre a primavera. Para isto, debes informarte dos aspectos que vas a tratar para manter un fío condutor. Podes escribir sobre:
- As características da primavera: o tempo de duración,clima, temperatura, comportamento dos animais, cambios na alimentación, no vestiario...
- Semellanzas e diferenzas coas outras estacións ou coa estación anterior.
Ao rematar, ilustraremos a redacción cun bonito e colorido debuxo.
1º SEMANA DE TELETRABALLO
COMPRENSIÓN LECTORA
Ola.
Cando rematedes o conto do grúfalo, lede este texto sobre as Illas Galápagos e respostade ás cuestións que siguen na libreta. Copiade sempre os enunciados, así practicamos a escritura. Lembrade que solo se aprende a escribir, escribindo!
COMPRENSIÓN ORAL
Bos días nenos e nenas.
Aquí vos deixamos un conto para ver, prestade moita atención, xa que despois faremos uns exercicios.
1.- Fai un resumo breve deste conto.
2.- Cal é o personaxe principal?
3.- Cantos animais saen no conto? Cales?
4.- Escoita ben a descrición que fai de grúfalo. Agora ti pensa nun animal imaxinario e descríbeo, logo fai o debuxo del.
5.- Que ensinanza sacas deste conto?
en el primer ejercicio no estamos seguras de que pagina es porque la 146 no existe
ResponderEliminarBuenos días,
ResponderEliminarEl que pusisteis de Lingua hoy, ya esta realizado, es repetido.
Saludos
Estefanía Castro
Bos días.
ResponderEliminarErro emendado. Moitas grazas!
Saúdos.
As Profes.
buenos días en la ficha del viernes ejercicio 1..sera des... en vez asa no?por el ejemplo que pone gracias un saludo
ResponderEliminarOla María José.
ResponderEliminarEfectivamente, hai unha errata nese enunciado. Trátase de engadir o prefixo des- para formar novas palabras.
Grazas pola apreciación.
Un saúdo.
As titoras.
De nada ,estamos para axudar.Un saudo maria jose ferreño
Eliminar