Música

Venres 17 de abril:
Ola!A estructura do fragmento da Danza Húngara de Brahms é a seguinte : A/A1/A2/A3/B/B1/B/B1. Todos os fragmentos teñen unha extensión de 8 tempos. Para a parte B1 que non plantexei ningún ritmo xa que a música aceleraba (accelerando é o término en italiano que se utiliza en música) e ia cada vez más lento (ritardando, tamén en italiano).
No video do enlace engado en cada fragmento o ritmo que percutimos, espero que así se poida ver máis doado a idea proposta. Pero calquera dúbida a intentamos solucionar.
Lémbrovos que a partir do luns xa estaremos na Aula Virtual, e será ahí onde plantexemos as actividades, propostas e dúbidas.

Unha aperta.

Tamar

VÍDEO RITMO Y ESTRUCTURA DE LA DANZA HÚNGARA BRAHMS



Martes 14 de abril:

Bos días!Para esta semana a miña proposta é traballar un ritmo xunto coa Danza Húngara de Brahms. Déixovos o enlace da proposta do ritmo, o ritmo co fragmento da obra, o enlace o fragmento da obra ademáis dun vídeo onde vos podedes informar un pouco máis da obra de Brahms.
Con todas estas indicacións gustaríame que pensarades na estructura que ten este fragmento musical e o ritmo (no que utilizo negras, corcheas e silencios de negra) que utilizamos. O venres engadirei nunha entrada a resposta a estas preguntas.
Se tendes algunha dúbida ou vos apetece mandarme algunha suxerencia ou o voso vídeo realizando o ritmo estarei encantada de recibir o voso email en: musicaceiplaxeiro@gmail.com

Unha aperta.

Tamar
FRAGMENTO DA DANZA HÚNGARA Nº5 DE BRAHMS
VÍDEO DO RITMO PROPOSTO
VÍDEO DO RITMO SOBRE A DANZA HÚNGARA




Xoves 2 de abril:
Bos días!!Déixovos unha proposta para estes días, un acompañamento con paus chineses sobre a canción Bella Ciao. Ademáis de deixarvos os enlaces e o vídeo da canción tamén os deixo unha versión karaoke cunha proposta de letra en galego e sobre a conciencia medioambiental. Se me queredes enviar o voso vídeo coa canción estarei encantada de velos.

Unha aperta.

Tamar.




Luns 30 de marzo:

Bos días!!Hoxe déixovos varias propostas de instrumentos musicais para fabricar con materiais da casa. Podedes facer o que queirades, dos que teñades materiais ou o que vos guste máis, se facedes algún e vos apetece mandar a imaxe ou vídeo do voso instrumento esterei encantada de velos: musicaceiplaxeiro@gmail.com.

Un saúdo.

Tamar









Venres 27 de marzo:

Bos días!Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro, por iso pretendo acercarvos unha ópera para hoxe, xa que é un xénero musical que inclúe entre outras artes a dramaturgia. Deixo o vídeo da ópera El Barbero de Sevilla e o enlace da Metropolitan Opera onde se poden visualizar óperas de xeito gratuito, rexistrándovos previamente.

Un saúdo e bo fin de semana.

Tamar


ENLACE A VISUALIZACIÓN DE ÓPERA

Xoves 26 de Marzo:

Bos días! Hoxe fai 193 anos faleceu un dos compositores máis importantes da nosa historia: Beethoven. Para conmemoralo déixovos uns vídeos para que coñezades más detalles da vida e obra do compositor, inclúo un enlace que vos leva a páxina web da Orquestra Filarmónica de Berlín que nestes días ofrece de xeito gratuito concertos online.


CONCERTOS DA ORQUESTRA FILARMÓNICA DE BERLÍN

Mércores 25 de Marzo:

Bos días!
Continuando co tema da música folk que comezamos a traballar na clase, hoxe propóñovos que fagamos un xogo de percusión. Como vimos na clase a estructura da canción Son do Ar de Luar na Lubre é bastante repetitiva en partes de oito tempos. Utilizando catro folios repite a secuencia que te propoño. Tamén podes inventar tí novas propostas, ten en conta que a canción é moi longa, a miña idea para clase era rematar no minuto 3:34, pero tí podes facelo ata onde prefiras.


XOGO DE PERCUSIÓN


Bos días!!
Gustouvos o xogo de memoria auditiva?
Para hoxe luns deixovos outra proposta de xogo, pero esta vez traballaremos cos instrumentos orquestrais a través da obra do compositor ruso Prokofiev y Pedro y el Lobo. Deixo aquí o enlace.
XOGO INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA



Bos días!
Que tal repasando a canción da Marcha de los Elfos?Hoxe imos a cambiar de actividade, deixovos o enlace para un xogo de memoria auditiva. Lembrade que se tendes algunha dúbida ou suxerencia podedes escribir nos comentarios abaixo e a intentamos solucionar ou ter en conta se é o caso.

Unha aperta.

Tamar

XOGO MEMORIA AUDITIVA



Bos días!
Para hoxe propoñovos repasar a canción que tiñamos que tocar estes días, obviamente o mércores non hemos proba individual pero podedes ensaiar. Se tendes algunha dúbida sobre a canción ou alguna proposta de actividade podedes deixar o comentario e o vemos, e resolvemos se é o caso.
Deixovos o enlace o vídeo de La Marcha de los Elfos.

Unha aperta.

Tamar
LA MARCHA DE LOS ELFOS

2 comentarios:

  1. No puedo abrir los 2 ejercicios más recientes. Que programa necesito?

    ResponderEliminar
  2. Buenos días,
    seguramente sea problema del navegador. Prueba utilizando otro diferente.
    Un saludo

    ResponderEliminar