14/04/2020 ACTIVIDADES DE INGLÉS
Hello, boys and girls
Despois deste merecido descanso espero que vos atopedes moi ben e que se vos pasen os días o mellor posible. Agardo que así sexa. Esta semana imos continuar repasando cousas que xa vimos na clase, espero que non se vos esqueceran. Toca repasar o verbo Can e actions. ÁNIMO
1. Actions. Aquí tes un Word Game para repasar algunhas accións que podes facer ou non. Escoita a palabra. Logo preme nela e cando se poñan os recadros en gris preme no debuxo correspondente. SORTE
2. Can / Can´t. Lembras que usábamos o verbo Can / Can´t para dicir cousas que podemos / non podemos facer
I can play the recorder / She can´t ride a bike
Can you play football ? Yes, I can
Can He play tennis ? No, He can´t
Ahora escoita este Rap: I can paint, se eres capaz tenta aprendelo. Aquí tes a letra. Logo preme en Game ( que aparece un pouco máis abaixo do vídeo ) para ver se entendiches o que di a canción.
A continuación escota esta canción: Can you.. ? e fai as actividades que aparecen máis abaixo. Son todas interactivas. Preme na resposta axeitada ou escribe nos recadros, logo preme en finish e en check my answers para ver a puntuación que tiveches. Téntao ata que estén todas as respostas ben.
Despois fai esta actividade. E tamén interactiva. Segue as instruccións do exercicio anterior.
E xa por último le este pequeno texto sobre John e logo contesta ás preguntas. Podes imprimir a ficha, contestala nunha folla ou facelas orais.
Boa semana a tod@s
Bye, bye. See you
31/03/2020 ACTIVIDADES DE INGLÉS
Hello everyone
Outra semana máis, e seguimos na casa. Agardo que vos atopedes moi ben. Pois se é así continuamos repasando: Pronomes persoais, o verbo to have got e vocabulario. Seguimos co mesmo método: vídeos, xogos e actividades escritas. ÁNIMO!
1. Personal pronouns: lembra nesta imaxe cales eran os pronomes persoais
Agora podes trabllar con eles coas seguintes actividade 1. Actividade 2. Para realizar estas actividades tes que facer o que te mandan: Escribe, une, desplega pestanas ... Logo pulsa en finish e despois pulsa en check my answers e saberás se a actividade está correcta. Non pares ata que as teñas ben. SORTE
Hoxe hai moitas actividaes deste tipo. Non esquezas como se fan
3. Agora imos repasar o verbo have got / has got.
Lembra:
Empregamos have got con: I, YOU . I have got a torch / I´ve got a torch
Empregamos has got con: HE, SHE, IT. She has got a camera / She´s got a camera
Para preguntar e respostar facemos así:
Have you got a map ? Yes, I have / No, I haven´t
Has he got an umbrella ? Yes, He has / No, He hasn´t
Utiliza a seguinte actividade para practicar. Proba con este xogo. E agora unimos o verbo have got co vocabulario de aula. Inténtao con este xogo
4. E xa por último déixovos un vídeo sobre o plástico nos océanos
Boa semana a tod@s.
Good bye. See you
Good bye. See you
23/03/2020 ACTIVIDADES DE INGLÉS
Ola a tod@s.
Unha semana máis na casa. Espero que estedes moi ben e o levedes o mellor posible.
Esta semana repasaremos: os números, o abecedario, os días da semana, os meses do ano e as presentacións, a través de vídeos, cancións, xogos e actividades escritas. Estas últimas podédelas imprimir, copiar nunha libreta ou facelas orais. O importante é non perder os hábitos e non esquecer o que aprendimos na aula de inglés. ÁNIMO!
1. Repasa a canción do abecedario: ABC song. Agora practica o abecedario en inglés co siguinte xogo: ABC countdown. Parece fácil, pero tes só 30 segundos para colocar as letras do abecedario en orden mentres as dis en inglés. Inténtao ata que che saia nese tempo. Sorte.
2. Agora repasaremos os números con este xogo: word game. A continución mira este vídeo: I couldn´t believe my eyes. serías quen de dicir en inglés canta xente pasa por diante da escola ?
3. Recorda preguntas e respostas sobre ti en inglés. Cópiaas nunha folla e responde
- Hello ! What´s your name ?
- How old are you ?
- How are you ?
- When´s your birthday ?
- What´s your favourite day of the week ?
- What´s your favourite month of the year ?
- What´s your favourite season ?
- What´s your favourite colour ?
- What´s your favourite number ?
- What´s your favourite insect ?
4. Escoita a seguinte canción sobre os meses do ano: Time for another year. Intenta aprendela. Logo xoga ao xogo ( game ) que está un pouco máis abaixo.
5. Continuamos cos días da semana. Repásaos con esta canción que podes cantar cos teus pais e / ou irmáns. Animádevos: Days of the week song. Podes atopalos nesta sopa de letras ? Logo colorea os días das seguintes cores:
luns = red / martes = pink/ mércores = yellow / xoves = purple / venres = green / sábado = blue / domingo = grey
6. E xa para re matar atopei este vídeo en inglés de como lavar as mans. Vennos que nin pintado.
16/03/2020 ACTIVIDADES DE INGLÉS
Bos días a tod@s. Déixovos unhas actividades para que non esquezades o que traballamos na aula de inglés. Hai un pouco de todo: vídeos, cancións, xogos e actividades escritas que podedes imprimir. ÁNIMO.
Esta semana tendes que realizar as seguintes actividades:
1. Para traballar o proxecto anual do centro:
- Mira este vídeo Reduce, reuse and recycle e aprenderás a coidar o noso planeta Terra usando as tres R.
- Escoita esta canción e intenta aprendela: Reduce, reuse, recycle song
- Aprende a reciclar con este xogo: Clean and green
2. Para repasar aspectos traballados na aula de inglés: Clothes
- Mira a seguinte historia: My favourite clothes. Intenta representarla cos teus pais.
- Xoga a este xogo para practicar o vocabulario da roupa: Word game
- Realiza as seguintes actividades
3. Para ler un pouco: Seasons
- Le o seguinte texto sobre as estacións do ano: Seasons. Despois fai o xogo ( Game ) que aparece un pouco máis abaixo.
- Realiza as seguintes actividades de comprensión lectora. Recorda que a miúdo hai que ler o texto varias veces para responder correctamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario