viernes, 20 de marzo de 2020

ACLARACIÓNS!!

Ola nenos e nenas.

Queriamos facervos unha aclaración:
As fichas que publicamos non son para imprimir, se non para copiar e facer os exercicios na libreta. Para velas mellor debedes clicar enriba delas e poñer pantalla completa. Para iso, volver a clicar nos dous puntiños que hai na barra horizontal; os vedes?, arriba,  á dereita. Abrirase unha solapiña onde aparece a palabra" Zoom". Ahí atoparedes un cadradiño aberto nos lados, clicade nel e xa tendes pantalla completa. Deste xeito, poderedes ver mellor as fichas para copiar os exercicios.

Outra maneira de ler as fichas sería descargalas no escritorio nun cartafol  e aumentar o seu tamaño.

Pedide axuda ás vosas familias, así resultará máis doado. Non vos preocupar polos tempos, o importante é traballar un pouco cada día para non perder os bos hábitos adquiridos. 

Portádevos ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario