domingo, 19 de abril de 2020

VINDE AO AULA VIRTUAL DO LAXEIRO!

Queridos alumnos e alumnas:

A partir de mañá, luns 20 de abril, empezaremos a traballar na aula virtual. Polo tanto,  imos deixar este sitio web que tanto nos axudou a non perder o contacto entre nós e a seguir traballando doutro xeito. 

Pasamos entón á nosa aula virtual do Pintor Laxeiro, vinde con nós!!!

Eugenia y Tere.





martes, 14 de abril de 2020

TELETRABALLANDO


Ola a todos e todas.

Continuamos traballando na casa. Ten que ser para que siga mellorando a saúde de moitas persoas que necesitan da nosa solidaridade e comprensión. A mellor forma que temos de axudar é quedando na casa ata que esto pase.

Comezamos a 3º avaliación co mesmo método de traballo que na anterior. Publicaremos nestas páxinas, cada día, o que tendes que facer. Lembrade que traballaredes sempre baixo a supervisión dun adulto no ordenador. Han de ser os vosos maiores os/as que marquen os tempos e a cantidade de traballo diario.


Debemos seguir esforzándonos todos e todas para avanzar. Todo vai ir ben.


viernes, 3 de abril de 2020

BOAS VACACIÓNS!

Queridos alumnos e alumnas:

             As vosas profes, Eugenia e Tere, queremos desexarvos que pasedes uns días tranquilos de lecer. A semana que vén e ata o martes día 14, non publicaremos máis traballos. Se queredes e podedes, rematade as tarefas de días pasados; e se xa as acabastes, pois... descansade. Lede algo que vos guste, xogade... pero sobre todo axudade na casa, portádevos ben.

Botamos moito de menos estar preto de vós, pero seguimos aquí, ao outro lado da pantalla,  pendentes de todos e todas. Ata pronto os nosos neniños e neniñas!!!





miércoles, 1 de abril de 2020

OUTRO CONTIÑO SOBRE O CORONAVIRUS

Publicamos outro contiño para que vexades que isto é un problema global, é decir, que nos molesta a todos e a todas.

  Pero somos fortes e imos acabar con el. Temos que seguir na casiña para que non nos moleste.
🙋🙋

lunes, 30 de marzo de 2020

CONTINUAMOS TRABALLANDO NA CASA

Ola a todos e a todas e bo inicio de terceira semana na casa.


Si, seguimos na casa. Temos que esperar a que os científicos e científicas atopen unha solución ao coronavirus. Pode ser unha vacina, ou ben mediciñas para curalo. Mentras tanto, debemos quedar na casa traballando, e continuando a nosa vida. Non nos imos  preocupar; as persoas que están a investigar estudaron moito e non pararán ata que todo volva a ser como antes. Son un moi bo exemplo.

Traballaremos todos os días un pouco e deixaremos os fins de semana para descansar. Os tempos e momentos de traballo marcaránvolos os vosos maiores. Se non rematades un día, pois non pasa nada, deixades para o seguinte. Como vos decimos sempre, o que importa é aprender, entender, facer traballos de calidade que nos permitan avanzar no estudo para ser persoas de proveito.

Ánimo,  queridos alumnos e alumnas!!! Nós estamos aquí, pendentes de vós.🙅🙅


jueves, 26 de marzo de 2020

ENTENDEMOS MELLOR O QUE ESTÁ A SUCEDER



Ola a todos e a todas.

Atopamos en rede este conto que cremos vos axudará a comprender mellor o que está pasando. Seguro que vos sentides identificados e identificadas con esta familia. Se pulsas no título, podes lelo.

Apertas. 🙅🙅


CORONAVIRUS NO ES UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA




lunes, 23 de marzo de 2020

SEGUIMOS TRABALLANDO NA CASA

Queridos alumnos e alumnas:   Debemos seguir traballando na casa como fixeron en China onde empezan a superar esta situación excepcional. Estamos desexando darvos unha aperta, ainda que sexa con "mascaritas" e  luvas. Mentras tanto,  imos continuar comunicándonos na distancia.

Ide resolvendo o que podades, sen presas nin agobios. Que non vos queden dúbidas, anotádeas na axenda para cando volvamos ás clases poder disipalas. Todas as actividades tratan sobre contidos que xa traballamos na 1º e 2º avaliación, polo tanto, vos sirven para afianzar coñecementos.



Moito ánimo!!! Vémonos pronto, seguro.